POEMAS DE ‘MEMORIA DO CORPO, DE XESÚS RÁBADE PAREDES (EN GALLEGO Y CASTELLANO)

 

 

1 El poeta Xesús Rábade y su libro

El poeta Xesús Rábade y su libro

 

 

Crear en Salamanca publica con satisfacción algunos poemas del nuevo libro de Xesús Rábade Paredes (Cospeito, Lugo, 1949), catedrático de Lengua y Literatura, poeta, narrador, ensayista, articulista y traductor. Miembro del colectivo de renovación poética Cravo Fondo (1977), su obra ha sido antologada y vertida a varias lenguas. Entre sus libros de poesía están: Xuntos cara ó mañán (1969),  Matria de sombra (1985); Poldros de música (1993),  Os dedos dos loureiros (2000), Os anos da memoria (2006), Lugar do canto (Selección poética bilingüe, 1969-2007, 2008) y Sobre ruínas (2013). Obtuvo, entre otros, los premios Manuel Antonio, Galicia, Esquío y González Garcés (en poesía) y el Galicia, Álvaro Cunqueiro y Blanco Amor (en narrativa). En 2013, su obra Sobre Ruínas fue Premio da Asociación Galega de Editores y mejor libro poético del año. Ha publicado estudios críticos sobre Rosalía, Pondal, Cunqueiro, Blanco Amor, Novoneyra, Neira Vilas o López-Casanova.

 

 

 

2 Foto de José Amador Martín

Foto de José Amador Martín

 

 

 

CASA DE PEDRA BOA

 

 

 

Da canteira da fala, que é dilatada e fonda,

has arrancar preciosos materiais, os que máis poidas,

sen precisares labrar nin luír moito,

pois veñen salivados polos avós de serie.

 

Aprende dos maiores. Nunca creas

que o oficio de vivir nace contigo.

Escoitarás a música da terra nos sons de dentro.

Levas signos dela,

ouro en capas que nutre o teu latín de hai case dous mil anos.

Ten en conta que as vetas máis profundas

son as que manan sempre mellor auga. E pensa. Cada verba

resume a historia e cóntanos a nosa se sabemos seguir ben as raíces:

sementeira de mártires, alento milenario de avoíños

que a foron pronunciando,

aterrando e coidando, podando e repoñendo.

 

Hoxe a memoria non se atende nada, pois triunfa o tipo ram, que é deletéreo, e así vai indo todo.

Porque tamén importa saberes de onde vés,

se non queres vivir desorientado.

As palabras na terra gardan toda a substancia,

que se derrama no medio do cemento, uniformado e ríspido.

As palabras matrices do comunal acervo

han ser fonte fiable para o teu dicionario, quizais algo aseadas, desinfectadas acaso do veleno, perversión e desidia de certos usuarios.

E ti has legar palabras

de talla suficiente para que o coro medre.

 

Desconfía de moldes impermeables,    da pureza da raza

e da carta cabal de xente honrada que claudica á menor proba de lume.

Amarás o interxénero, simbiose

da memoria do corpo,

a heterodoxa pauta da polisemia pouco definida:

música liberada dos límites da estrofa

buscando o curso lento nas augas do versículo.

Xa non conxugas rimas para auditorios ágrafos que foron,

dóciles aprendices baixo un poder despótico que neles infundía medo aos astros, que os puña a ler, meus pobres, nas pedras dos canteiros de todas as medorras, de todas as igrexas, nos caprichosos símbolos das nubes e dos montes, temerosa ameaza por designio dos deuses.

Ningunha consonancia debe domar a frecha do teu verso,

distracción evitable que propende a apagar a voz nos ecos.

Descanse en paz.                   Activarás en cambio

o ritmo heterodoxo da narración de historias,

e da emoción de seu que pide a lírica

e do escenario da tensión dramática.

Triada e fito do peregrino atento,

como unha procesión acompasada que leva dentro a música.

Retrotopía: en narrativo modo,

auscultas limos, capas, sedimentos… por múltiples arterias

e filtras vetas dun lirismo vello.

 

 

 

 

3 Foto de José Amador Martín

Foto de José Amador Martín

 

 

 

CASA DE PIEDRA NOBLE

 

La cantera del habla, que es dilatada y honda,

te entregará abundantes materiales preciosos,

sin que apenas precises labrarlos ni pulirlos,

pues vienen salivados por cuantos te preceden.

 

Fíjate en los mayores. Nunca creas

que el arte de vivir nace contigo.

Oirás de la tierra la música por dentro.

Tú eres signo de ella,

oro en capas que nutre tu latín de milenios.

Tenlo en cuenta. Las vetas más profundas

siempre atesoran calidad de agua.

Piensa. Cada palabra

cuenta una historia y resume la nuestra

si sabes perseguir bien sus raíces:

sementera de mártires, aliento milenario

de abuelos que la fueron pronunciando,

cuidando, alimentando, podando y reponiendo.

 

Hoy apenas se atiende la memoria,

pues triunfa el tipo ram, que es deletéreo,

y así va yendo todo.

Porque también importa saber de dónde vienes,

si no quieres vivir desorientado.

La palabra en la tierra guarda plena sustancia,

que pierde entre el cemento, uniformado y áspero.

Las palabras matrices del comunal acervo

serán fuente fiable para tu diccionario,

tal vez algo aseadas, desinfectas acaso del veneno,

perversión y desidia de ciertos usuarios.

Tú legarás palabras

de talla suficiente para que el coro crezca.

 

Desconfía de moldes impermeables, de purezas de raza

y de carta cabal de gente honrada

que cede a la menor prueba de fuego.

En cambio amarás el intergénero,

simbiosis  de memoria de tu cuerpo,

la heterodoxa pauta polisémica y poco definida:

música liberada de su límite estrófico

buscando el curso lento en aguas del versículo.

Ya no conjugas rimas para auditorios ágrafos que fueron,

dóciles aprendices bajo el poder despótico

que en ellos infundió miedo a los astros,

que los puso a leer los signos de los dólmenes,

románicas escenas en todas las iglesias,

símbolos caprichosos de nubes y montañas,

temerosa amenaza y designio de dioses.

 

Ninguna consonancia ha de domar la flecha de tu verso,

distracción evitable que propende

a apagarte la voz entre los ecos.

Descanse en paz. Activarás en cambio

el ritmo heterodoxo que cuenta las historias,

la emoción propia que pide toda lírica

y un escenario abierto de tensiones dramáticas.

Tríada e hito del peregrino atento,

como una procesión acompasada que encierra dentro música.

Retrotopía. En narrativo modo,

auscultas limos, capas, sedimentos… por múltiples arterias

y filtras vetas de un lirismo antiguo.

 

 

 

4 Xesús Rábade presentando su libro en Radio

 Xesús Rábade presentando su libro en Radio

 

 

 

LÉVEDO DA MEMORIA

 

 

Como ficheiro acaso que non quere abolirse,

sempre a memoria pulsa burlando a sabotaxe

e camuflando as pistas delictivas

do enésimo borrado.

    Así te escribes, procesador de vida,

pulsión e confidencia sen protección de datos.

O recordo activado dispárache fragmentos

tanto tempo arrombados na vella papeleira.

Bendita reciclaxe.

Como caleidoscopio de imaxes esvaídas no arquivo da palabra,

proxecta vida breve, presenzas moi fugaces que emerxen sen permiso

por fendas de silencios e de amores, temores e soidades.

Non envías WhatsApp. Procesas fotos en branco e negro, nítidas,

do momento en que o sangue, sacudido en big bang cósmico, esperta.

Colles e fas barrido de toda interferencia

para que se oia a música que importa.

E cando amaina a música de fondo,

vai quedando un silencio saturado de ritmos,

que é chave para a vida e para o acordo.

Só quen garda memoria da música da vida poderá gobernarse,

 

Monólogo e diálogo, así era,

porque o tempo profesa de alfareiro que modela universos,

que idea e que recrea, falsea e mitifica tamén. Bendito mito.

Se a vida é empezar sempre –nota Pavese alegremente acaso–,

non has enfangar moito nos substratos de limos e de barros

aos que retornas sempre

en aras dos lugares que habitaches.

Sacarás a cabeza por entre a nube densa que ameaza abaterte

e probarás un pouco en clave exenta.

 

Farás serio balance de gozos e amarguras, e á fin, irado e todo,

celebrarás a vida, que ha ser comezar sempre,

propulsado resorte desasido de anclaxes.  Tamén da tradición,

esa unidade de memoria estancada que debes filtrar sempre

para que non subxugue nin fade o teu destino.

Nada hai escrito e todo, rompe atumes que o sangue non atura.

Do patrimonio herdado salvarás como moito

o que ensina, aproveita e che fai medrar algo,

pois a inercia acompáñate e ás veces é de ferro.

Abrirás no ficheiro o spam do soño que opera sen sistema,

un lexítimo modo de habitar mundos libres

cun texto resultante posible e verosímil.

 

 

 

 

5 Foto de José Amador Martín

Foto de José Amador Martín

 

 

FERMENTO DE MEMORIA

 

 

Como fichero acaso que no quiere abolirse,

pulsará la memoria burlando sabotajes

y camuflando delictivas pistas de enésimos borrados.

                    Así te escribes, procesando vida,

pulsión y confidencia sin protección de datos.

El recuerdo activado te dispara fragmentos

tanto tiempo ocupando la vieja papelera.

Bendito reciclaje.

Como calidoscopio de imágenes difusas,

la palabra archivada proyecta vida breve,

presencias muy fugaces que emergen sin permiso

por grietas de silencios y de amores,

temores y saudades.

No envías WhatsApp. Procesas fotos

en blanco y negro, nítidas, del punto en que la sangre

despierta en sacudido big bang cósmico.

Coges y haces barrido de toda interferencia

para que suene la música que importa.

Cuando se va apagando la música de fondo,

permanece un silencio saturado de ritmos,

llave para la vida y el recuerdo.

Solo con la memoria musical de la vida

podrás ya gobernarte.

Monólogo y diálogo, así era,

pues el tiempo profesa de alfarero que modela universos,

que idea y que recrea, falsea y mitifica también.

Bendito mito.

Si vivir es acaso empezar siempre (admoniza a Pavese),

no has de hurgar en exceso en los substratos

de limos y de barros que frecuentas

en aras de los sitios que habitaste.

Sacarás la cabeza entre la nube densa que amenaza abatirte

y ensayarás la vida en clave exenta.

 

Harás serio balance de gozos y amarguras

y al fin, airado incluso,

celebrarás la vida tal vez recomenzando,

propulsado resorte desasido de amarras. También de tradición,

esa unidad estanca de memoria que debes filtrar siempre

para que no subyugue ni gafe tu destino.

Nada está escrito y todo, rompe vínculos

y lazos que la sangre no soporta.

De todo lo heredado salvarás como mucho

lo que aprovecha, enseña y te hace crecer algo,

pues la inercia acompaña y a veces es de hierro.

Abre el fichero del spam del sueño que opera sin sistema,

un legítimo modo de habitar mundos libres

y un texto resultante posible y verosímil.

 

 

 

6 Foto de José Amador Martín

Foto de José Amador Martín

 

 

SOBRE DANTESCAS SOMBRAS

 

 

 

Por máis que un novo asedio demore o teu regreso,

préndente aínda as sombras de tantas incertezas

que debes conxurar.

                                               Custodiarás únicamente aquelas

criadoras de luz, fillas de Dante.

Dura retrotopía desandar o que andaches,

cal peregrina ofrenda para os desposuídos.

Desprezarás, se queres, a prescrición do soño,

que non ofrece réditos;

as mal contadas sílabas de poetas arrítmicos

que non gardan o lume que te quente….

                                               Pero nunca desoias

a indagación difícil que libera.

 

Cando o costume de vivir te canse,

acaso  porque levas impregnado feluxe da batalla,

soñarás os abrentes primeiros de Valverde,

escoitarás o vento

e o silencio deitado que mediches en brazas.

Todo alí te convoca, cumprindo a profecía do retorno,

as terras arrasadas e os cursos de auga lenta,

longas aradas, signos de paciencia sen límite,

sucos de aurora dunha leira ancha.

Alí foi derregado con firmeza balura o espazo fundador

que che ensinou a ver o ser das cousas,

a ler nas catro estremas do horizonte

e a incendiar a paixón, lume que levas.

 

Escribirás mentres a tinta dure e o teu corpo procese,

aínda que o exercicio –inútil arte—

a ninguén aproveite. O teu futuro

reside só no ritmo do folgo que che resta,

nas palabras que abrazas e che dan tanto abrigo,

na lingua que te pensa, na que amas e aborreces,

dote bendito e pan que te alimenta.

 

Soprarás o remol que o fogar garda

contra a furia dos séculos. No bico das curotas

convocarás as fadas,

musas ardentes de todos os poetas,

e escoitarás as voces de lonxe que te chaman

de todos os lugares que dentro e fóra habitas.

E descrerás dos deuses que te queren submiso,

e farás irmandade de corporal conxura,

que hai nos labios que rezan

menos amparo que nas mans que axudan.  

 

  

 

 

7 Foto de José Amador Martín

Foto de José Amador Martín

 

 

 

SOBRE DANTESCAS SOMBRAS

 

 

Por más que un nuevo asedio demore tu regreso,

aún te prende la sombra de tanta incertidumbre

que debes conjurar.

                                               Custodiarás únicamente aquella

creadora de luz, hija de Dante.

Dura retrotopía desandar lo ya andado,

cual peregrina ofrenda de los desposeídos.

Despreciarás si acaso la prescripción del sueño,

que no produce rédito;

las mal contadas sílabas de poetas arrítmicos

que no guardan la lumbre que calienta…

                                                                                   Pero nunca desoigas

la indagación difícil que libera.

 

Cuando la inercia del vivir te canse,

quizás porque te impregna la herrumbre de batallas,

soñarás los primeros albores de Valverde,

escucharás el viento

y el silencio acostado que tú mediste en brazas.

Todo allí te convoca

cumpliendo profecías de regreso,

las tierras arrasadas, los cursos de agua lenta,

largas aradas, signos de infinita paciencia,

surcos de aurora de heredades amplias.

Allí se delimita con firmeza telúrica tu predio fundador

que te enseñó el sentido de las cosas

y a descifrar los puntos cardinales

e incendiar la pasión, fuego que llevas.

 

Escribirás mientras la tinta dure y tu cuerpo procese,

aun cuando el ejercicio –inútil arte—

a nadie le aproveche. Tu futuro

solo vive en el ritmo del aliento que resta,

en el verbo que abrazas, que te da tanto abrigo,

esta lengua bendita que te piensa,

la misma en la que amas y aborreces,

suprema dote y pan que te alimenta.

 

Soplarás el rescoldo que el hogar fue guardando

contra toda la furia de los siglos.

Y en la cima del castro citarás a las hadas,

musas ardientes de todos los poetas,

y escucharás las voces que a lo lejos te llaman

de todos los lugares que fuera y dentro habitas.

Descreído de dioses que te quieren sumiso,

harás coro fraterno en corporal conjura.

Más que en labios que rezan,

busca amparo en las manos que te ayudan.

 

 

8

 

9 Arturo Casas, Xesús Rábade y Ismael Ramos, en Couceiro

Arturo Casas, Xesús Rábade y Ismael Ramos, en Couceiro

 

 

Aún no hay ningún comentario.

Deja un comentario